PMUS ARTEIXO

PLAN MOBILIDADE URBANA SOSTIBLE
 

 

 

 

 

 

 

 

 

PMUS ARTEIXO

PRESENTACIÓN

O Concello de Arteixo considera a mobilidade urbana como un instrumento esencial para o desenvolvemento urbano da cidade e a mellora da calidade de vida dos seus cidadáns. Por iso, consciente da influencia que unha mobilidade eficiente, comprensiva e inclusiva ten nunha cidade, desexa mellorar substancialmente as condicións actualmente existentes na trama urbana, e ordenar o crecemento da mesma a medio e longo prazo.

O potente desenvolvemento económico e social acadado nas últimas décadas na rexión, xerou novas necesidades e modos de mobilidade, que en moitas ocasións, resolvéronse de maneira desordenada e centrada no interese particular. Isto ocasionou un impacto negativo sobre a calidade de vida da cidadanía e da sociedade no seu conxunto:

5

No reparto do espazo urbano sae gañando o coche

5

A mobilidade peonil e a mobilidade branda saen perdendo como modos de transporte

5

A rúa perde capacidade de albergar usos tradicionais de relación e xogo

5

Prodúcese unha perda de seguridade e menor accesibilidade

5

O reparto modal favorable ao coche eleva o nivel de ruído e as emisións atmosféricas

O modelo actual de mobilidade que gravita de forma importante sobre o automóbil é a orixe de numerosos impactos negativos relacionados co medio ambiente, a saúde e a equidade.

Adicionalmente, na práctica demostrouse que unha maior oferta para o transporte induce unha maior demanda de transporte. De modo que a aplicación exclusiva de políticas de desenvolvemento de infraestruturas non resolve os problemas de mobilidade e de tráfico dunha cidade.

Por iso, o propósito principal do PMUS é profundar nun modelo de mobilidade que permita sentar as bases dunha cultura onde se priorice a proximidade e a accesibilidade.

O PMUS, enmárcase dentro da estratexia EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado) de Arteixo. Plan novarteixo 2020.A EDUSI incorpora diferentes medidas en relación á mobilidade sostible polo que se trata, por tanto, dunha excelente oportunidade para que ambos instrumentos de planificación estean en consonancia e poidan  levarse a cabo as medidas propostas.

PMUS ARTEIXO

QUE É UN PMUS

Un Plan de Mobilidade Urbana Sostible, PMUS, é unha ferramenta de planificación estratéxica e un instrumento de concienciación e sensibilización para os cidadáns, administracións públicas e o resto de axentes implicados na mobilidade. Nun PMUS, analízase e reflexiónase acerca de como é a mobilidade, é dicir, como se desprazan os cidadáns, permitindo determinar que medidas cómpre implantar para conseguir formas de desprazamento máis sostibles e seguras: modos de transporte que fagan compatibles o crecemento económico, cohesión social e defensa do medio ambiente, garantindo, desta forma, unha mellor calidade de vida para os cidadáns.

“Aproveitar ao máximo o uso de todos os modos de transporte para garantir a mobilidade, a calidade de vida e a protección do medio ambiente”.

Libro Verde de Mobilidade Urbana da Unión Europea

Por iso, o propósito principal do PMUS é profundar nun modelo de mobilidade que permita sentar as bases dunha cultura onde se priorice a proximidade e a accesibilidade sobre a mobilidade e o transporte, propugnando un modelo máis compacto que:

5

Satisfaga as mesmas necesidades con desprazamentos máis curtos e autónomos.

5

Discrimine positivamente o transporte colectivo; modo que resulta máis eficiente dende o punto de vista enerxético, ambiental, social e económico que o vehículo privado.

5

Dea un novo tratamento ao espazo público onde o peón sexa o protagonista.

5

Contemple medidas de xestión da demanda que consideren a inversión en infraestruturas para promover unha maior participación dos modos de transporte máis sostibles.

5

Proporcione solucións de aparcamento en consonancia coa mobilidade sostible.

PMUS ARTEIXO

CARACTERÍSTICAS DO PMUS

G

EFICIENTE

Mellor sistema de transporte con menos recursos.

ACCESIBLE

Pensado e adaptado para todos.

G

INTEGRAL

Abarca todos os modos de transporte.

SOSTIBLE

Promove o desenvolvemento equilibrado de todos os modos de transporte, incitando o cambio cara a modos máis sostibles.

G

VINCULADO

Cos planes, directrices e estratexias no ámbito municipal, rexional ou estatal.

FLEXIBLE

Permite cambios en función das necesidades da cidade.

G

ABERTO

A todos os axentes sociais e colectivos cidadáns en todas as fases do proceso.

ESTRATÉXICO

Sen renunciar ao curto prazo, traza liñas de traballo a longo prazo para acadar unha visión consensuada da cidade.

G

DINÁMICO

Cun plan de seguimento  e avaliación que permite actualizar e  mellorar o Plan de maneira constante.

PMUS ARTEIXO

BENEFICIOS DO PMUS

Redución de atascos e conxestión de tráfico

Diminución do consumo de enerxías non renovables

Mellora do servizo dos medios de transporte colectivo

Mellora da accesibilidade

Recuperación do espazo público

Mellora da calidade medioambiental, calidade de vida e saúde dos cidadáns

PMUS ARTEIXO

FASES DO PROYECTO

FASE 1

Organización e arranque do proceso

FASE 2

Análise e diagnóstico

FASE 3

Elaboración de Plan de Mobilidade e de informes de actuación

FASE 4

Información pública e aprobación do PMUS

FASE 5

Seguimiento e avaliación do PMUS

O cambio nas costumes de mobilidade que se persegue co PMUS require da participación dos cidadáns

PMUS ARTEIXO

¡PARTICIPA!

A túa implicación no Plan conta, xa que permitiranos:

N

Coñecer as túas preocupacións e necesidades.

N

Obter unha visión máis completa da problemática da cidade.

N

Unha mellor definición das actuacións.

PMUS ARTEIXO

¿COMO PARTICIPO?

Páxina web

A través desta páxina web estarás puntualmente informado das accións relacionadas coa elaboración e participación do Plan de Mobilidade.

Caixa de Correos cidadán

Poderás enviar comentarios e suxerencias a pmusarteixo@gmail.com

Sesións de participación

A través dos diferentes colectivos relacionados coa mobilidade poderase participar nas sesións de participación que se convoquen.

PMUS ARTEIXO

NOVAS

PLAN MOBILIDADE URBANA DE ARTEIXO

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies